Escoitar

Modificación de ordenanzas fiscais

venres, 9 out 2015
O Pleno do Excmo. Concello de Vigo, celebrado en sesión do 28 de setembro de 2015, adoptou, entre outros, os seguintes acordos de aprobación provisional:

1. Modificación ordenanza fiscal xeral. (1)

2. Modificación ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles. (2)

3. Modificación ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica. (3)

4. Modificación ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre actividades económicas. (4)

5. Modificación ordenanza fiscal reguladora das taxas polos documentos que expida ou que entenda a administración do concello ou a dos seus organismos autónomos, a instancia de parte. (10)

6. Modificación ordenanza fiscal reguladora das taxas pola inmobilización, retirada, depósito e custodia de vehículos. (15)

7. Modificación ordenanza fiscal reguladora das taxas pola recollida do lixo. (16)

8. Modificación ordenanza fiscal reguladora das taxas por aproveitamento especial da vía pública con estacionamento de vehículos de tracción mecánica en determinadas rúas municipais. (34)

9. Modificación ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servizos de subministración de auga potable, rede de sumidoiros, saneamento e depuración de augas residuais. (60)

Os expedientes atópanse na Oficina de Información deste Concello para información pública e audiencia ás persoas interesadas durante o prazo de 30 días hábiles dende a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia Nº 190 de data 1 de outubro de 2015, para que poidan presentar, de ser o caso, reclamacións e suxestións aos acordos de aprobación provisional de conformidade cos artigos 17 do R.D.L. 2/2004 do 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e 49 da Lei 7/85 de bases de réxime local.