Escoitar

O parque de enerxías renovables de Navia contará co segundo dinoseto da cidade

Cun orzamento de 150.000 euros, o parque de enerxías renovables de Navia contará nunha primeira fase con elementos que xeran enerxía hidráulica aos que máis adiante se lles sumarán áreas temáticas co resto de enerxías renovables: eólica, solar ou térmica. Esta zona verde tamén albergará o segundo dinoseto da cidade.

martes, 13 out 2015
1444738619parque.JPG
O alcalde de Vigo visitou esta mañá o parque de enerxías renovables de Navia que, dotado con 150.000 euros, estará nunha primera fase baseado na enerxía hidráulica. Contará con muíños de auga, elementos maremotrices, diferentes caídas de auga que, grazas á acción das turbinas, xeran enerxía. A continuación, prantearánse máis áreas temáticas que incluirán o resto das enerxías renovables: a eólica, solar ou a xeotermia.

Caballero aproveitou a visita para anunciar que o segundo dinoseto da cidade, que "xa vén desde Centro Europa", estará instalado nesta zona verde. Do mesmo xeito, avanzou que o xoves 15 a dinoseta da Porta do Sol vai poñer un ovo que incubará durante dúas semanas, dixo.
Descargar todas as imaxes