Caballero traslada ao novo vicecónsul de Portugal a importancia da área metropolitana de Vigo
O rexedor mantivo esta mañá unha "protocolaria e cordial" reunión co novo vicecónsul de Portugal, Manuel Correia da Silva, durante a que lle trasladou a nova dimensión territorial que suporá a posta en marcha da área metropolitana de Vigo. Este novo ente administrativo terá entre 50 e 60 kilómetros de frontera con Portugal.