O goberno de Vigo limitará a velocidade e construirá beirarrúas no entorno do novo hospital
Ante os problemas de tráfico e seguridade detectados, Abel Caballero anunciou este xoves a decisión municipal de limitar a 40 km/h a velocidade entre as dúas rotondas do entorno do Hospital Álvaro Cunqueiro, construir sobre un quilómetro de novas beirarrúas na Avenida Clara Campoamor e habilitar novos pasos de peóns. "Estas tres medidas xa están decididas", apuntou o alcalde, quen avanzou un estudo en detalle de novas propostas para a próxima semana.
O alcalde denunciou que o Hospital Álvaro Cunqueiro se abríu de forma "acelerada e precipitada" e en consecuencia "non está preparado, nin dentro nin no entorno". Caballero ve "incapacidade" na Xunta pare facerlle fronte e avanzou que "nós imos a actuar", con medidas de tráfico e seguridade no entorno do centro sanitario, na Avenida Clara Campoamor.
Caballero explicou que o luns terá un informe completo e exhaustivo ao respecto, pero xa adiantou tres medidas que "xa están decididas": limitación a 40 km/h da velocidade entre as dúas rotondas nas inmediacións do hospital, habilitar novos pasos de peóns e construir aproximadamente un quilómetro de beirarrúas en todo ese tramo da Avenida Clara Campoamor. O rexedor apuntou que a xente está a estacionar no nomeado vial e cruza pola estrada para acceder ao Hospital, unha situación que definiu de "insoportable".
"Se dan vostedes conta", concluíu Abel Caballero, "que ao final quen ten que estar resolvendo os problemas da inacción da Xunta de Galicia é o Concello de Vigo, en todo, en tráfico, en aparcamentos...".