Escoitar

Normalización lingüística "Paseos polo Vigo literario"

venres, 16 out 2015
A Concellaría de Normalización Lingüística e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan "Paseos polo Vigo literario"

Horario: todos os paseos teñen a saída ás 11:30

1.-Sábado, 24 de outubro, roteiro guiado por Fran Alonso. Saída da rúa García Barbón, ao pé das escaleiras que soben a Alfonso XIII

2.-Sábado, 7 de novembro, roteiro guiado por Fran P. Lorenzo. Saída da rúa Privada Moderna


Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (deben indicar a cal/es paseo/s irán)

Inscrición por orde de chegada do correo. Prazas limitadas: 50

Máis información na web: snl.vigo.org e no facebook: Vigo en galego