Escoitar

O Concello modifica o uso dunha parcela próxima ao novo hospital para facer un aparcamento gratuito

Segundo informou este venres Abel Caballero, a xerencia de Urbanismo celebrada hoxe aprobou o cambio de uso da parcela municipal, próxima ao novo hospital, na que o goberno de Vigo habilitará un estacionamento público gratuito de aproximadamente 500 prazas. O Concello adicará máis de medio millón de euros ao efecto.

venres, 16 out 2015
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou que o consello da Xerencia municipal de Urbanismo acordou na mañá deste venres a modificación do uso da parcela municipal nas inmediacións do Hospital Álvaro Cunqueiro para que poida ser destinada a aparcamento público gratuito.

Caballero cifrou o investimento en 520.000 euros para un estacionamento de 500 prazas ao aire libre e de balde. O Concello, abondou o alcalde, explora posibilidades de alugar un terreo privado próximo ao novo hospital e ampliar así o número de prazas dispoñibles de estacionamento de balde.