Escoitar

O Concello forma a máis de 8.000 cidadáns en seguridade viaria

Abel Caballero asistiu na mañá deste martes á charla informativa que ofreceu a Policía Local sobre seguridade viaria a integrantes da Asociación Agarimo de Amas de Casa e Consumo. A actividade enmárcase no programa municipal de Educación Viaria que no seu desenvolvemento ten realizado xa 215 conferencias en colexios e outras en espazos municipais, veciñais e centros de saúde. <br />

martes, 10 nov 2015
1447163484agarimo.jpg
As instalacións da Asociación de Amas de Casa e Consumo Agarimo foi o escenario da celebración da charla informativa sobre seguridade viaria que ofreceu esta mañá a Policía Local ás persoas que integran a entidade. O rexedor asistiu a esta actividade, incluída no programa municipal de Educación Viaria, onde fixo fincapé na importancia de concienciar á cidadanía sobre esta cuestión polo que, dende o goberno local "facemos un continuo exercicio de formación en seguridade viaria que nunca é bastante. En 2014 ofrecemos 215 conferencias en centros escolares para 8000 alumnos, e tamén en centros de saúde e en centros municipais de distrito".

No transcurso do encontro, as persoas asistentes á actividade manifestáronlle ao alcalde que "reclamara á Xunta de Galicia a gratuidade do aparcamento do hospital" polo que Caballero insistiu en que "a Xunta debe rectificar" xa que aínda que se estableza un máximo diario de 20 euros para quen empregue o aparcamento esta é "unha cifra astronómica para as persoas pensionistas".
Descargar todas as imaxes