O Pleno aproba inicialmente un presuposto "que avala as necesidades dos vigueses"
A Corporación Municipal celebrou este luns un Pleno Extraordinario para debater a aprobación inicial do orzamento do Concello para o ano 2016, ao que se lle deu luz verde cos votos a favor do grupo socialista e os votos en contra do Partido Popular e de Marea de Vigo. As emendas dos populares e a emenda á totalidade de Marea de Vigo foron rexeitadas. O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, explicou que se trata dun presuposto pensado para atender as necesidades da cidadanía dedicando "polo menos 76 euros de cada 100 ás persoas".
O Orzamento Municipal de 2016 foi aprobado inicialmente na sesión extraordinaria do Pleno, celebrada esta mañá, cos votos favorables do grupo socialista e o rexeitamento do grupo popular e de Marea de Vigo.
O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, explicou que o orzamento para o ano 2016 ascende a 225,9 millóns de euros, o que supón un incremento do 2,7% respecto ao anterior exercicio e destacou que a xestión económica do goberno local permitiu que o Concello teña débeda cero.
O texto orzamentario aprobado hoxe destina 58.065.330,47 euros a gasto social que en palabras do edil "é o que beneficia directamente ás persoas: benestar, educación, emprego, deportes, xuventude, cultura, igualdade ou bonificación a usuarios do transporte". A partida de servizos públicos básicos como a seguridade, tráfico, mobilidade urbana ou protección civil ten reservada 111.947.227,85 euros, o 50,36% dos gastos non financeiros do orzamento. Polo tanto, tal e como expuxo Aneiros "o 76,45% do orzamento está destinado a satisfacer as necesidades colectivas da cidadanía viguesa. É dicir, de cada 100 euros do orzamento, 74,6 polo menos van dirixidos ás persoas".
Ademais, o presuposto para o vindeiro 2016 contempla investimentos de 9.448.675 euros para mellorar a urbe: "un programa financiado con recursos propios, sen achega doutras administracións, sen acudir ao endebedamento, que mellora as condicións de vida dos cidadáns e que xera emprego", tal e como argumentou o concelleiro de Facenda.
Segundo Jaime Aneiros, os orzamentos fixéronse nun escenario de estabilidade nos ingresos propios, "mantendo todos os beneficios fiscais nos impostos e taxas municipais que supoñen 7.599.662 euros" e en ausencia do incremento das transferencias doutras Administracións como o Estado ou a Xunta. Así, concluíu que "todo o programa de gastos se financia con recursos ordinarios sen acudir ao endebedamento" e engadiu que estes orzamentos "fan de Vigo unha cidade ideal para vivir, para emprender, para gozar. Uns orzamentos de Fórmula 1 que fan que Vigo viaxe a máis velocidade que o resto de Galicia".
No Pleno debatéronse as emendas presentadas polo grupo municipal popular que foron rexeitadas cos votos en contra dos socialistas e a abstención de Marea de Vigo e tampouco saíu adiante a emenda á totalidade de Marea de Vigo, na que o Partido Popular se abstivo e que desbotou o grupo municipal socialista. A partir de agora ábrese o período de alegacións.
Descargar todas as imaxes