Escoitar

Caballero fai un chamamento a toda a "sociedade española a revolverse contra a violencia machista"

A Corporación de Vigo gardou tres minutos de silencio en memoria de María Inmaculada Cendón, a muller asasinada a pasada noite vítima de violencia de xénero. O alcalde, ademais de lamentar este feito "terrible", fixo un chamamento a toda "a sociedade española a que se revolva contra a violencia machista".

luns, 9 nov 2015
1447077647silencio.jpg
Caballero trasladou esta mañá todo "o cariño e a lembranza permanente" a María Inmaculada Cendón, a muller asasinada a pasada noite vítima de violencia machista. Logo da convocatoria na Praza do Rei de tres minutos de silencio, o rexedor lamentou a cuarta morte dunha muller asasinada por un home na nosa cidade en moi poucos meses. En declaracións aos medios, Caballero fixo un chamamento a toda a "sociedade española a revolverse contra a violencia machista" e a traballar para ter unha conciencia social activa que permita previr porque, insistiu, "as denuncias son fundamentais para chegar a tempo".

Reiterou a necesidade de rexeitar todo tipo de maltrato, en calquera das súas formas, e avanzou que desde a Femp "impulsaremos o máximo rexeitamento colectivo contra a violencia de xénero". Neste punto, advertiu de que Vigo "sempre loitará contra a violencia de xénero", e referiuse as accións que se están a desenvolver desde o Concello como a acción policial, os cursos de emprego ou as casas de acollida.
Descargar todas as imaxes