O Pleno aproba inicialmente un presuposto "que avala as necesidades dos vigueses"
A Corporación Municipal celebrou este luns un Pleno Extraordinario para debater a aprobación inicial do orzamento do Concello para o ano 2016, ao que se lle deu luz verde cos votos a favor do grupo socialista e os votos en contra do Partido Popular e de Marea de Vigo. As emendas dos populares e a emenda á totalidade de Marea de Vigo foron rexeitadas. O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, explicou que se trata dun presuposto pensado para atender as necesidades da cidadanía dedicando "polo menos 76 euros de cada 100 ás persoas".