Escoitar

O programa Coidadores de Barrio contratará máis de 50 mozos desempregados para realizar labores sociais

O goberno local impulsa un ano máis a contratación de mozos e mozas desempregagas para realizar labores sociais a través do convenio con Érguete-Integración. Dotado con 1.180.000 euros, esta iniciativa permitirá contratar a máis 50 persoas que atenderán a persoas no Casco Vello, Teis, As Travesas, Calvario e Bouzas-Coia.

martes, 10 nov 2015
A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de Convenio de Colaboración coa Fundación Érguete-Integración para a atención á cidadanía mediante os Coidadores de Barrio e o desenvolvemento de actividades de interese social. Cun importe de 1.180.000 euros, repartidos en 2015, 2015 e 2017, este acordo suporá manter ou crear 153 empregos, moitos deles para persoas procedentes de proxectos de inserción social. Neste primeiro ano, serán máis de 50 os postos de traballo creados.

Os Coidadores de Barrio actúan no Casco Vello, Calvario, Teis, Travesas e Bouzas-Coia, tal e como avanzou o rexedor. O programa leva anos funcionando con moito éxito, tanto que outros concellos como Hospitalet ou Lugo solicitaron información e asesoramento para apoialos na implantación do servizo, explicou.