O goberno de Vigo conxela por terceiro ano consecutivo as tarifas do autobús urbano
Así salientóuno este martes Abel Caballero, despois de elevar a proposta onte ao Consello Sectorial de Transportes. O Concello manterá no 2016 os prezos actuais do VITRASA, tanto no billete ordinario como nas distintas modalidades de tarxeta verde. O alcalde recordou que o goberno local subvenciona as viaxes dos vigueses e viguesas no bus urbano con case 12,5 millóns de euros.
O goberno de Vigo propuxo onte no Consello Sectorial de Transportes a conxelación dos prezos do servizo de autobús urbano para 2016. Abel Caballero subliñou este martes que é o terceiro ano consecutivo no que o Concello de Vigo non incrementa as tarifas e a quinta ocasión desde que preside o Concello.
Con esta decisión, o billete ordinario do VITRASA manterase nos 1,32 euros e tampouco haberá subida para as tarxetas verdes con bonificación municipal. O Concello subvenciona 0,46 euros a cada usuario da tarxeta verde ordinaria en cada viaxe, 0,49 no caso da estudante, 0,45 na de universitario, 0,66 euros na social e 1,32 euros -a totalidade da tarifa- para os pensionistas, as persoas con mobilidade reducida e os seus acompañantes.
O alcalde de Vigo salientou que o goberno da cidade subvenciona as viaxes dos vigueses e viguesas no autobús urbano con case 12,5 millóns de euros, entre os apoios ás tarxetas e a gratuidade aos pensionistas e persoas con mobilidade reducida. "Estamos satisfeitos, é un gasto moi ben empregado", concluíu Caballero.
Táboa de prezos e subvención municipal
Prezo billete ordinario: 1,32 euros
Bono bus normal: 0,86 euros (Subvención de 0,46 euros)
Bono bus estudante: 0,83 euros (Subvención 0,49 euros)
Bono bus pensionista I: Gratuíto (Subvención 1,32 euros)
Bono bus pensionista II: Gratuíto (Subvención 1,32 euros)
Bono bus universitario: 0,65 euros (Subvención 0,45 euros)
Bono bus persoas mobilidade reducida + acompañante: Gratuíto (Subvención 1,32 euros)
Bono social: 0,66 euros (Subvención 0,66 euros)