mércores, 23 dec 2015
Abel Caballero anunciou este mércores un incremento de 10.000 euros para completar as axudas de emerxencia a familias en 2015. É o cuarto aumento da partida realizado polo Concello neste ano, que eleva o total adicado ao efecto a preto de 750.000 euros, aos que se engaden 2 millóns do chamado cheque social para pagos de vivenda, enerxía e alimentación.
mércores, 23 dec 2015
Segundo explicou este mércores Abel Caballero, o goberno de Vigo vén de aprobar as bases que regulan a segunda edición desta iniciativa, que prevé levar a arte urbana a 15 medianeiras máis da cidade cun orzamento de 220.000 euros. O programa inclúe tamén actividades complementarias, con especial atención á infancia.
mércores, 23 dec 2015
O acto de entrega de premios, ao que asistiron preto de 100 nenos e nenas, tivo lugar hoxe mércores nos cines do Centro Comercial Gran Vía, e tanto os gañadores como os seus compañeiros de clase disfrutaron da película "Star Wars: El despertar de la fuerza".
mércores, 23 dec 2015
O primeiro evento deportivo de carácter popular que se celebra nas rúas da cidade en 2016 terá lugar o 3 de xaneiro coas Bicis no Nadal, unha marcha ciclista de carácter popular patrocinada polo Concello de Vigo e organizada polo Club Ciclista Vigués.<br />
mércores, 23 dec 2015
O concelleiro de Deportes presentou hoxe mércores o 54 Gran Premio Pedestre de Nadal, a tradicional Carreira do Pavo, acompañado por directivos da delegación local da Federación Galega de Atletismo, Miguel Martínez e Óscar Fernández, e por tres dos atletas que participarán, Laura Resende, Gonzalo Basconcelo e Manuel Martínez.
mércores, 23 dec 2015
O mércores 23 ás 20.00 h, na cafetería Detrás do Marco, terá lugar a presentación do libro "aLiterArte", editado pola editorial Elvira. aLiterArte é un percorrido entre algúns dos murais da nosa cidade acompañado de relatos.
mércores, 23 dec 2015
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das carreiras que se van celebrar os dias 27, 31 de decembro e 3 de xaneiro veranse limitadas ao tráfico as seguintes rúas:
mércores, 23 dec 2015
Ven sendo habitual durante o Nadal a celebración de festas de Fin de Ano e Reis en locais de ocio. Consonte a normativa vixente, ningún local pode ofrecer espectáculos ou actividades recreativas sen estar provisto da preceptiva licenza municipal de actividade/apertura. Asemade, ningún local pode ofrecer espectáculos ou actividades recreativas distintos dos que figuren autorizados na devandita licenza municipal.
mércores, 23 dec 2015
Ante a proximidade das Festas do Nadal onde prolifera a venda e mailo uso de artificios de pirotecnia recreativa (petardos,bengalas,tracas, etc), lémbrolle a toda a cidadanía, as normas cuxo cumprimento cómpre observar para garantir a tranquilidade e seguridade cidadá.