Escoitar

Presentación do libro "aLiterArte"

O mércores 23 ás 20.00 h, na cafetería Detrás do Marco, terá lugar a presentación do libro "aLiterArte", editado pola editorial Elvira. aLiterArte é un percorrido entre algúns dos murais da nosa cidade acompañado de relatos.

mércores, 23 dec 2015
1450869701aliterarte.jpg
"aLiterArte" é un percorrido entre algúns dos murais máis belos que alegran a nosa cidade . Nel atopanse os traballos que Álex Fernández, Peri, Pelucas, ASH Santos, Gonzalo Alonso Dapresa, Elisa González, Xabier Magãlhaes, Antón Pulido, David Arambarri e Powone realizaron o pasado mes de marzo na cidade.

"aLiterArte" é un libro de 124 páxinas, é unha obra compartida, que une escrita e arte mural. Xorde a idea froito dos cursos de escrita creativa que organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e que son impartidos por Clara do Roxo.
Descargar todas as imaxes