O goberno de Vigo incrementa novamente a partida para axudas de emerxencia
Abel Caballero anunciou este mércores un incremento de 10.000 euros para completar as axudas de emerxencia a familias en 2015. É o cuarto aumento da partida realizado polo Concello neste ano, que eleva o total adicado ao efecto a preto de 750.000 euros, aos que se engaden 2 millóns do chamado cheque social para pagos de vivenda, enerxía e alimentación.
O goberno local acordou incrementar en 10.000 euros a partida para axudas de emerxencia a familias en situación de necesidade. Así anuncióuno este mércores Abel Caballero, quen detallou que esta decisión eleva o total abonado neste capítulo a case 750.000 euros.
Os orzamentos municipais para este ano reservan 445.000 euros para axudas de emerxencia. Esta cantidade foi aumentada sucesivamente polo goberno de Vigo para atender á demanda, en 200.000 euros en sendos acordos de xullo e agosto, noutros 70.000 euros o pasado 10 de novembro e agora con outros 10.000 euros para completar o ano 2015.
A partida de 2014 tamén tivo que ser aumentada en función da demanda, explicou o rexedor, ano no que o Concello concedeu máis de 3.000 axudas de emerxencia, fundamentalmente para vivenda, alimentación e enerxía. Os fondos para 2015 xa son superiores aos adicados no pasado exercicio e se prevé que o ano que ven se outorguen máis de 3.000 achegas.
No apartado de axudas a familias en situación de emerxencia, o alcalde recordou que o Concello implementa o coñecido como cheque social, 2 millóns de euros para pagos de vivenda, enerxía e alimentación. Na convocatoria de 2015, o goberno de Vigo concedeu 1.500 axudas para vivenda, 1.079 máis para subministros e outras 1.121 para comida.
Caballero recordou que, no orzamento aprobado para o próximo ano, o Concello reserva máis de 2,5 millóns de euros para este tipo de apoio de emerxencia, incluindo a creación dun novo fondo de emerxencia antidesafuizamentos, con algo máis de 800.000 euros.