martes, 22 decembro 2015

O goberno de Vigo conxela por terceiro ano consecutivo as tarifas do autobús urbano

Así salientóuno este martes Abel Caballero, despois de elevar a proposta onte ao Consello Sectorial de Transportes. O Concello manterá no 2016 os prezos actuais do VITRASA, tanto no billete ordinario como nas distintas modalidades de tarxeta verde. O alcalde recordou que o goberno local subvenciona as viaxes dos vigueses e viguesas no bus urbano con case 12,5 millóns de euros.

Caballero chama a "abarrotar" o Auditorio Mar de Vigo no concerto de Alejo Stivel e Carlos Tarque

martes, 22 dec 2015

O alcalde vigués deu a benvida este martes a Vigo a estes "mitos" e "ídolos" da música, cantantes de Tequila e M Clan, respectivamente, que ofrecerán mañá un concerto conxunto no Auditorio Mar de Vigo, dentro da programación municipal de Nadal. Ambos escolleron Vigo para reunirse por primeira vez e interpretar algúns dos clásicos do rock en español, nun formato acústico e íntimo.

O Concello recibe preto de medio millón de euros de Fondos FEDER para novas tecnoloxías

martes, 22 dec 2015

O alcalde deu conta esta mañá dunha subvención de 491.000 euros de apoio á modernización municipal que proceden de fondos FEDER. Tal e como explicou Caballero, o Concello iniciou en 2007 unha gran renovación dos sistemas informáticos e agora recibe unha achega -xa adiantada polo Concello -que servirá para seguir investindo en avanzar na automatización. Nestes momentos, o 60% das xestións municipais xa se fan a través das redes.