O Concello instala oito paneis que informarán do estado do tráfico a tempo real

mércores, 10 dec 2014

Cada panel informativo, ubicados en puntos estratéxicos da cidade, ofrecerá información a tempo real indicando a duración estimada e a fluidez do tráfico en tres rutas. O goberno de Vigo informará sobre posibles obras, accidentes ou manifestacións que poidan afectar á circulación. Vigo será a primeira urbe española en proporcionar tal grado de información do tráfico en tempo real, segundo salientou o concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Carlos Font.

Vigo conta con 67 semáforos con bluetooth que se activa desde o móbil do invidente

mércores, 26 nov 2014

O Concello ampliou a 67 os semáforos dotados cun sistema bluetooth que se activa desde o teléfono do invidente de xeito que o sinal acústico se activa ao paso do usuario. Deste xeito, o volume do sinal pode ser o óptimo para a seguridade do peón, ademais de evitarse as molestias que xeraban aos veciños da zona os ruídos dos semáforos acústicos convencionais.

O goberno local detecta 40 viais onde é preciso cambiar os gardarraís para a seguridade dos motoristas

mércores, 26 nov 2014

O Concello instalará elementos de protección ao longo de máis de 4 quilómetros en estradas de ámbito municipal, incluíndo 1.400 metros lineais de novas barreiras. Hoxe mércores, o alcalde trasladou o informe municipal a asociacións de motoristas e solicitará á Deputación, Xunta e Estado que doten de seguridade estradas da súa competencia na cidade.

Caballero anuncia medidas de seguridade nos gardarraís da cidade

venres, 21 nov 2014

O alcalde avanzou este venres que a próxima semana se reunirá con asociacións de motoristas para pasar revisión a todos os gardarraís da cidade que supoñen un risco para a integridade física dos motoristas en caso de caída. Caballero asegurou que "imos por salvagardarraís en todos os viais da cidade de competencia municipal" para que "Vigo quede libre de gardarraís asasinos".

O Concello achegará a formación en Educación Vial a 15.000 persoas o próximo exercicio

martes, 11 nov 2014

Ao redor de 15.000 persoas participarán o ano que ven nalgunha das actividades formativas desenvolvidas desde o departamento de Educación Vial da Policía Local. Segundo explicou hoxe Carlos López Font, concelleiro responsable, estas iniciativas diríxense un público heteroxéneo que vai desde os nenos de 0 a 3 anos, ás persoas de idade avanzada, pasando por infractores menores.