O Concello compra un novo camión de bombeiros para o Parque de Balaídos e cede outro ao municipio de Ponteareas
O alcalde entregou esta mañá un camión de bombeiros ao rexedor de Ponteareas, Xosé Represas, no Parque Central de Santa Cristina. Este vehículo será substituído por outro camión dotado coa última tecnoloxía para o que o goberno local xa autorizou un gasto de 382.000 euros.
O concello de Vigo cedeulle ao de Ponteareas, de xeito gratuito, un camión de bombeiros do ano 1994. Trátase segundo indicou o rexedor, dun vehículo con doble cabina, cunha potencia de 190 CV que está en perfecto estado de funcionamento aínda que non inclúe a última tecnoloxía, tal e como reúnen o resto dos vehículos utilizados polos bombeiros de Vigo.
Neste mesmo acto de entrega, o rexedor deu conta da aprobación da autorización de gasto para a compra dun vehículo autobomba para o Parque de Balaídos. Cun orzamento de 382.000 euros, conta cunha doble cabina, tracción 4x4, toma de forza incorporada, potencia de 360 CV, cisterna de auga incorporada e integrada de 3.500 litros de auga, entre outras prestacións, recalcou. O alcalde avanzou que nestes momentos o servizo de Bombeiros conta con 19 vehículos distribuidos entre os dous parques, cunha flota que se va renovando constantemente.
Descargar todas as imaxes