Caballero define de "excepcional" o bus urbano ao novo hospital, con frecuencias e puntualidade do 100%
O alcalde fixo este mércores un primeiro balance do novo deseño de liñas de autobús urbano ao hospital de Beade, cinco rutas -dúas específicas e tres ampliacións de existentes- que comezaron a operar o luns cuns mil usuarios diarios e cumprimento das frecuencias e puntualidade ao 100%. Co planteamento municipal, os usuarios contan na Praza de América cun bus ao centro sanitario cada 15 minutos.
Abel Caballero salientou o nivel de uso "moi importante" das liñas que conectan desde este luns Praza América co novo hospital Álvaro Cunqueiro, ademais do cumprimento ao 100% das frecuencias e da puntualidade establecidas.
En rolda de prensa, o alcalde fixo un balance inicial do servizo urbano de autobús ao centro hospitalario, recordando que o Concello creou dúas liñas específicas (H1 e H2) e ampliou outras tres (L6, L12B e L18) para dar cobertura ao Álvaro Cunqueiro. Deste xeito, subliñou, cada 15 minutos sae un autobús de Praza América con destino ao hospital de Beade.
Asegurou Caballero que desde a posta en marcha deste servizo, o pasado luns, cada día se subiron ao bus sobre mil persoas, e o cumprimento coas frecuencias establecidas e a puntualidade está a ser do 100%. Recordou o primeiro edil que o 6 de xullo, na primeira lanzadeira, subiron ao bus 155 viaxeiros, cifra que se foi incrementando ata chegar o 21 de agosto aos 400 viaxeiros, co que desde este luns os usuarios diarios multiplicáronse. Abel Caballero afirmou que as previsións apuntan a que este incremento paulatino de usuarios continuará en próximas semanas.
O alcalde explicou que persoal da empresa concesionaria está a informar aos usuarios, tanto en Praza América como no centro sanitario, deste servizo, que cubre o 100% dos horarios dos traballadores. Non obstante, abondou, existe un buzón de suxerencias para que os empregados poidan propor melloras.