O Concello solicita oito novos graos para a UNED de Vigo, que contará con 13 no curso 2016/2017
O alcalde de Vigo informou este xoves da decisión de solicitar que a sede viguesa da Universidade Nacional de Educación a Distancia ofreza oito novas titulacións: Estudos Ingleses, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Ambientais, Psicoloxía, Ciencia Política e da Administración, Pedagoxía, Xeografía e Historia, e Historia da Arte. Así, desde o próximo curso 2016-2017 a UNED de Vigo impartiría un total de 13 graos, cubrindo o 80% da demanda existente, apuntou Caballero.