O Concello solicita oito novos graos para a UNED de Vigo, que contará con 13 no curso 2016/2017
O alcalde de Vigo informou este xoves da decisión de solicitar que a sede viguesa da Universidade Nacional de Educación a Distancia ofreza oito novas titulacións: Estudos Ingleses, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Ambientais, Psicoloxía, Ciencia Política e da Administración, Pedagoxía, Xeografía e Historia, e Historia da Arte. Así, desde o próximo curso 2016-2017 a UNED de Vigo impartiría un total de 13 graos, cubrindo o 80% da demanda existente, apuntou Caballero.
Abel Caballero avanzou este xoves que a Xunta de Goberno Local aprobará en próximos días solicitar oito novos graos para a UNED de Vigo, que se sumarían ás cinco titulacións que xa se están a impartir actualmente: Dereito, Enxeñería en Tecnoloxías da Información, Enxeñería Informática, Turismo e Educación Social.
Segundo explicou o alcalde en rolda de prensa, o goberno de Vigo elixíu estes oito estudos tras ter valorado os datos de cursos académicos anteriores e observar que son os que máis demandan teñen entre o alumnado. Os graos solicitados son Estudos Ingleses: Lingua, Literatura e Cultura, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Ambientais, Psicoloxía, Ciencia Política e da Administración, Pedagoxía, Xeografía e Historia, e Historia da Arte.