O alcalde síntese orgulloso de suceder aos socialistas fusilados que loitaron pola democracia
O antigo salón de plenos do Concello vigués, situado na Casa Galega da Cultura, acolleu o acto de homenaxe aos alcaldes fusilados no franquismo.
O alcalde participou hoxe xoves na tradicional homenaxe aos alcaldes fusilados na madrugada do 27 de agosto de 1936: Emilio Martínez Garrido e José Antela Conde, alcalde de Vigo e de Lavadores, respectivamente. Acompañado por familiares das vítimas e pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, Caballero lembrou tamén aos deputados socialistas Antonio Bilbatúa, Enrique Heraclio Botana Pérez e Ignacio Seoane Fernández; a Apolinar Torres, presidente da Casa do Pobo, Ubaldo Gil Santóstegui, concelleiro vigués, e Ramón González Brunet, funcionario da Casa do Pobo. Abel Caballero destacou a figura de Enrique Blien Budiño, primeiro alcalde de Vigo da II República que morreu en decembro de 1936 acosado polo fascismo.
O acto, que tradicionalmente se celebra no Xardín da Memoria do Cemiterio de Pereiró, trasladouse á Casa Galega da Cultura, no antigo Salón de Plenos do Concello de Vigo pola ameaza de choiva. O rexedor vigués salientou o feito de que, por primeira vez na historia, a homenaxe a Antela Conde, alcalde de Vigo no ano 1936, se desenvolvese nese espazo, no mesmo salón de plenos do que foi arrebatado para ser fusilado un mes despois.
No seu discurso, o rexedor vigués puxo en valor a loita pola democracia, a liberdade e a paz dos homenaxeados que foron asasinados por ser demócratas, querendo á cidade e tendo un proxecto para ela. Dixo Abel Caballero que "79 anos despois seguen vivos na nosa memoria e na da cidade e volve haber un alcalde socialista en Vigo e unha presidenta da Deputación socialista, por primeira vez na historia".
O acto contou coa presenza de familiares directos das persoas represaliadas homenaxeadas hoxe, entre elas, a filla de Martínez Garrido, o sobriño de Antonio Bilbatúa e a sobriña de Antela Conde, que estiveron acompañados pola corporación municipal e por distintas autoridades.
Descargar todas as imaxes