venres, 28 ago 2015
O alcalde deu conta esta mañá da aprobación das ordenanzas fiscais para o exercicio 2016 con cambios dirixidos a manter "a boa situación económica coa menor presión fiscal de España" mantendo a capacidade de gasto social e de inversión, en verbas do rexedor. O prantexamento é de conxelación real e diminución dalgunhas taxas e prezos públicos, o que supón que a presión fiscal diminúe en termos reais, dixo.
venres, 28 ago 2015
Tras tela incrementado o pasado mes en igual contía, a partida para atender a emerxencia social das familias (alimentación, vivenda, enerxía, etc) ascende agora a 645.000 euros, tras aprobar este venres a Xunta de Goberno Local a suma doutros 100.000 euros. O alcalde de Vigo deu conta deste aumento, ademais de informar da concesión de 240.000 euros a 43 entidades para fomentar a participación cidadá e o asociacionismo.
venres, 28 ago 2015
O alcalde de Vigo participou hoxe venres nunha exhibición de tenis organizada frente ao MARCO para apoiar o I Torneo Mestres Clube de Campo "Legends Galicia". No acto tamén estiveron presentes o presidente da entidade, Manuel Sanjurjo, o delegado de Gadisa de Pontevedra, Pablo Louro, ademais dos tenistas Albert Costa, Javier Sánchez Vicario, Tomás Carbonell e Roberto Carretero.