Escoitar

O Concello apoia o I Torneo Mestres Clube de Campo "Legends Galicia"

O alcalde de Vigo participou hoxe venres nunha exhibición de tenis organizada frente ao MARCO para apoiar o I Torneo Mestres Clube de Campo "Legends Galicia". No acto tamén estiveron presentes o presidente da entidade, Manuel Sanjurjo, o delegado de Gadisa de Pontevedra, Pablo Louro, ademais dos tenistas Albert Costa, Javier Sánchez Vicario, Tomás Carbonell e Roberto Carretero.

venres, 28 ago 2015
1440766319tenis.JPG
Este torneo nace con motivo da celebración do 75 aniversario do Internacional de Tenis Clube de Campo, para rememorar a importancia da entidade viguesa na historia do tenis español.

Con ese obxectivo, Vigo volve recibir nas pistas do Clube de Campo aos que foron parte imprescindible dos 75 anos de historia do Clásico de Arcilla de Vigo. Nesta primeira edición participan Albert Costa, Javier Sánchez Vicario, Tomás Carbonell y Roberto Carretero. Mañá, os xogadores impartirán ás 10,00 h un clinic cos alumnos das escolas deportivas do Clube de Campo e da Federación Galega de Tenis. As 11,30 horas, comezará a final individual e, como atractivo engadido, os catro xogadores disputarán un partido de exhibición de dobres, antes da entrega de premios.
Descargar todas as imaxes