Escoitar

Os alcaldes de Vigo e Tui comparten o modelo que debe funcionar na área metropolitana

O alcalde de Vigo avogou hoxe xoves pola incorporación de Tui na área metropolitana de Vigo, tal e como lle solicitou o seu rexedor durante un encontro que mantiveron na Alcaldía. Caballero e Cabaleiro coincidiron nos parámetros que deben rexer o funcionamento do ente supramunicipal.

xoves, 27 ago 2015
1440679848tui.JPG
Abel Caballero e Enrique Cabaleiro mantiveron esta mañá un encontro no que constataron a súa coincidencia na forma coa que debe desenvolverse a área metropolitana, e a necesidade de aprobar unha modificación de lei actualmente en vigor. En declaracións aos medios, o alcalde de Vigo amosou o seu acordo a que Tui forme parte da área dada a conexión territorial xa que é unha das saídas naturais cara a Portugal, xunto con Tomiño. Tamén coincidiron que o peso de cada municipio no ente municipal ten virá determinado pola súa poboación, así como que debe ser Vigo o que lidere o proxecto.

O rexedor puxo de exemplo de bo funcionamento a lei de área metropolitana de Barcelona, presidida pola alcaldesa da Cidade Condal, Ada Colau, a pesar de estar en clara minoría dentro da área. Isto, dixo o rexedor, proporciona estabilidade na gobernanza, xa que o sistema garante o nomeamento do primeiro edil de Barcelona como líder da área.
Descargar todas as imaxes