O alcalde anuncia que Air France estuda reanudar o voo a París a próxima primavera
Abel Caballero e o máximo responsable da compañía francesa en España reuníronse este mércores para abordar o restablecemento da ruta Vigo-París de maneira estable.
O alcalde de Vigo recibiu esta mañá no Concello ó director xeral de Air France, Bruno Georgelin, que comunicou a intención da compañía de reanudar a ruta que une Vigo-París na próxima primavera. Segundo explicou o rexedor vigués, a aeroliña francesa está realizando as xestións oportunas para que Vigo sexa no curto prazo unha ruta estable dentro do seu plan de empresa.
Para o alcalde, "o voo Vigo -París é un grande obxectivo para a cidade" polo que implica na relación directa entre as dúas cidades, sendo Vigo a urbe na que PSA Peugeot Citroën ten a súa principal factoría e "estaremos expectantes para que esta posibilidade saia adiante".
A perda da ruta diaria con París estivo marcada, para Abel Caballero, pola situación de competencia desleal dun voo dende Santiago e de voos dende Oporto á capital francesa que reciben axudas ilegais. Agora, sinalou, que estamos ante a posiblidade de que restableza a liña, no mes de marzo ou abril, para continuala de forma ininterrompida porque o planteamento de Air France é reabrir o voo Vigo-París non de forma puntual senón a longo prazo.
Abel Caballero amosouse convencido da capacidade de Vigo para xerar transbordos no aeroporto parisino Charles de Gaulle e expresou o seu desexo de que Vigo e París sigan unidos por esta ruta, que dá a opción de voar dende Vigo, a través de París, a calquera cidade do mundo.
Descargar todas as imaxes