Escoitar

Os alcaldes de Vigo e Gondomar instan á Xunta a reformar a lei de area metropolitana "o antes posible"

O abastecemento de auga ou o transporte son algúns dos temas que se deben abordar na lei de área metropolitana que debería reformarse o antes posible, segundo manifestaron esta mañá os alcaldes de Vigo e de Gondomar. Durante un encontro que mantiveron esta mañá, ambos mandatarios coincidiron ao cualificar a reunión de moi "satisfactoria."

venres, 21 ago 2015
1440160428gondomar.JPG
Os alcaldes de Vigo e de Gondomar coincidiron esta mañá ao destacar a importancia de que a lei de área metropolitana se reforme o antes posible, segundo o espíritu do modelo que funciona en Barcelona ou tal e como entrou no Parlamento de Galicia a norma vixente nestes momentos, é dicir, antes de que o PP a modificara durante a súa tramitación, segundo explicou o rexedor vigués.

Durante a "extraordinaria" reunión que mantiveron esta mañá, Abel Caballero e Francisco Ferreira deron conta da necesidade de construir un proxecto conxunto que recolla aspectos como os servizos, cercanía, iniciativas comúns e todo o que implica a construción dunha área metropolitana. "Ambos compartimos ao 100% o proxecto que desde o Concello trasladamos ao presidente da Xunta", dixo Caballero, engadindo que os dous mandatarios tamén avogan por incluir aos concellos do Baixo Miño no ente supramunicipal, tal e como xa solicitou Tomiño no encontro que a alcaldesa mantivo esta mesma semana co rexedor vigués.

A situación do polígono da Paisaxe, o abastecemento de auga para o municipio ou o transporte son algúns dos temas que Caballero e Ferreira comentaron durante o encontro.
Descargar todas as imaxes