A reforma do parque de Teis permite acurtar o tempo de resposta dos bombeiros
O alcalde visitou esta mañá as instalacións do parque de bombeiros en Teis logo do remate das obras de mellora e ampliación nas que se investiron 1.364.000 euros, principalmente destinados ao sistema operativo dos vehículos e á adaptación da zona de descanso e vivencia ás necesidades do persoal.
Abel Caballero coñeceu este luns de primeira man o resultado da gran reforma acometida polo Concello no Parque de Bombeiros de Teis que supuxo un investimento de 980.000 euros que, xunto á renovación acometida nas instalacións de Balaídos, ascende a un total de 1.364.000 euros.
Segundo o rexedor vigués, a modernización das instalacións de Teis era moi necesaria xa que non se renovaban dende o ano 1987 e eran pouco operativas, especialmente no referido á zona de habitabilidade e á cocheira, que dispoñía dunha soa entrada e saída. A ampliación do número de vías de saída é o máis salientable das obras, xa que dende agora os bombeiros dispoñen de oito, de maneira que cada vehículo ten a súa propia e tódolos efectivos necesarios nunha situación de emerxencia poden saír nun tempo de entre 1 e 2 minutos. Con este fin, para as situacións de urxencia os semáforos actívanse dende dentro das instalacións, párase o tráfico na estrada de fóra e cada 10 segundos pode saír un camión con total seguridade, cando co sistema anterior podían demosarse ata 10 minutos.
O outro aspecto destacado das obras comprende a zona de habitabilidade dos bombeiros, que foi totalmente remodelada e dotada con fibra óptica para mellorar a capacidade de actuación a través da rede. Dende agora, os bombeiros dispoñen dunha zona de vivencia independente da cocheira, con mellor mobilidade e máis apta para o descanso do persoal.
Descargar todas as imaxes