Escoitar

O goberno de Vigo colaborará con AJE no proxecto "A Igualdade no Emprendemento"

O alcalde asegurou este luns que o Concello continuará co respaldo ao "moi bo traballo" que realiza AJE (Asociación de Jóvenes Empresarios) e cooperará nesta nova proposta, que procura "apoiar, potenciar e divulgar", en verbas de Caballero, a acción de mulleres emprendedoras.

luns, 31 ago 2015
1441025367AJE.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo na mañá deste luns unha reunión co novo presidente de AJE, Alejandro Cobo, entidade coa que o goberno cidade coopera en determinadas propostas. Entre estas, o Concello prestará a súa colaboración, tal e como revelou o primeiro edil, á iniciativa da Asociación "A Igualdade no Emprendemento", para "apoiar, potenciar e divulgar" a acción de mulleres emprendedoras.
Descargar todas as imaxes