O Concello amplía o servizo de transporte urbano na liña N3 de Navia e nas circulares C1 e C2 no Nadal
O alcalde deu conta este xoves da extensión do servizo de transporte urbano nas liñas N3, que dispoñerá dun servizo especial nocturno, C1 e C2 que amplían as frecuencuas durante as festas do Nadal como unha "acción especial" coa que dar cobertura ás necesidades de mobilidade da cidadanía viguesa nas celebracións.
Abel Caballero informou esta mañá da ampliación do servizo de autobuses urbanos de Vitrasa durante as festas de Nadal co fin de ofrecer o mellor servizo á cidadanía nunha época na que as celebracións xeran máis necesidades de mobilidade. Así, dende este venres 4 de decembro e ata o 5 de xaneiro, o transporte urbano en Navia dispoñerá dun servizo especial nocturno de maneira que a liña N3 funcionará as noites dos venres e sábados cunha frecuencia de 60 minutos e nas noites de Fin de Ano e de Reis, a frecuencia será cada 30 minutos nun itinerario que circula desde a rúa Teixugueiras ata García Barbón e viceversa.
Ademais, o Concello ampliará as frecuencias das liñas circulares C1 e C2 durante as festas, cunha extensión do servizo que comeza este sábado día 5 e que se manterá ata o día 10 de xaneiro. Para o rexedor vigués esta é unha "acción especial durante o Nadal cun servizo nocturno con máis frecuencias e un C1 e C2 con maior frecuencia nos días de maior celebración e, polo tanto de maior mobilidade".