Escoitar

O alcalde anima a todo Vigo a visitar na rúa Príncipe o mercadiño solidario De boa man

O Concello coopera un ano máis na organización do mercadiño De boa man no que discapacitados de dez asociacións da cidade expoñen e venden artigos e produtos realizados polos propios usuarios. Esta iniciativa, situada nunhas carpas na rúa Príncipe, ten por obxectivo involucrar a todo o tecido social na integración social das persoas con discapacidade.

xoves, 3 dec 2015
1449151781Mercadillo.JPG
O mercadiño De Boa Man funcionará ata mañá venres na rúa Príncipe, en horario entre as 10,00 e as 20,00 horas segundo explicou hoxe Abel Caballero durante unha visita ás carpas da rúa Príncipe onde se expoñen os artigos e produtos dos usuarios das seguintes entidades: ASEM, DOA, APAMP, ASPANAEX, SAN RAFAEL, FUNDACIÓN MENELA, ALENTO, ASPAVI, FAMFIP E REHABILITACIÓN REBULLÓN.

O alcalde trasladou hoxe xoves 3 de decembro, Día Internacional das persoas con discapacidade, o apoio municipal a esta iniciativa, que tamén conta coa colaboración de Centro Príncipe-Centro Comercial Aberto, e animou a toda a cidadanía a achegarse a un mercadiño solidario que pretende involucrar a estas persoas no tecido social da cidade, ademais de ofrecer un comercio alternativo.
Descargar todas as imaxes