Concello e Sareb colaborarán para ceder vivendas e locais comerciais a persoas con dificultades económicas
Abel Caballero avanzou esta mañá a vontade do Concello de aceptar a proposta da Sareb de cooperar na cesión de vivendas e locais comerciais que ten esta Sociedade en Vigo. Así o explicou esta mañá, logo de reunirse co director xeral de Responsabilidade Social Corporativa da Sareb.
O alcalde de Vigo e o director xeral de Responsabilidade Social Corporativa da Sareb, Gaspar González, acordaron esta mañá estudar posibilidades de cooperación para fins sociais. Concretamente, a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria propón un convenio de cesión do usufruto de distintos inmobles para que, a súa vez, o Concello os destine a persoas con dificultades económicas. Tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa, trátase de darlle utilidade social a vivendas e locais comerciais para cidadáns e emprendedores que están a atravesar unha situación económica complicada.
Descargar todas as imaxes