O Concello de Vigo súmase ao Código de Bo Goberno Local da Federación Española de Municipios e Provincias
A proposta do goberno local, e cos votos favorables de todos os concelleiros e concelleiras da Corporación, o Pleno certificou hoxe luns a adhesión do Concello de Vigo ao Código de Bo Goberno Local promovido pola FEMP, un texto aprobado pola Federación Española de Municipios e Provincias sendo Abel Caballero entón vicepresidente da entidade que hoxe dirixe. <br />