Escoitar

Convocatoria de bolsas para estancias lingüísticas no estranxeiro do alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo ano 2016

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria de data 12/11/2015 aprobou as Bases reguladoras e convocatoria específica das Bolsas "Concello de Vigo" para estancias lingüísticas no estranxeiro do alumnado da Escola de Idiomas de Vigo (EOIV) para o ano 2016, coas seguintes características básicas:

luns, 30 nov 2015
Destinatarios: Alumnado da sede central da Escola Oficial de Idiomas de Vigo (EOIV) ou calquera das súas seccións.

Presentación de solicitudes e prazos:
As solicitudes, conforme ao modelo oficial que se inclúe nas Bases reguladoras, deberán presentarse no Rexistro xeral do Concello de Vigo, no prazo de oito días hábiles (incluídos sábados) contados a partir do día seguinte á publicación do presente anuncio no BOP.

Obtención da documentación e información
As bases poderán consultarse, e descargárense os formularios de solicitude, na páxina web do Concello de Vigo www.vigo.org -apartado convocatorias- e na da EOI www.eoidevigo.org
Na sede central da EOI de Vigo existirá, así mesmo, un punto permanente de información e axuda á xestión ata o remate do prazo de presentación de solicitudes.

Máis información