O alcalde propón unha reunión con Núñez Feijóo para pechar os cambios na Área Metropolitana
Caballero ve "moi maduro" o acordo como para ser abordado nun encontro bilateral entre o alcalde e o presidente da Xunta de Galicia e poder "pechar definitivamente" a modificación da lei que poña en funcionamento a Área Metropolitana. Este xoves celebrouse unha reunión entre David Regades e Carlos Font co director xeral de Administración Local e o delegado autonómico na cidade.
Abel Caballero recordou que o tempo transcorrido desde a proposta remitida polo goberno de Vigo á Xunta de Galicia serviu para constatar que os elementos centrais do Concello son "o mellor para a área", o que pasaría por manter a proporcionalidade da poboación dos municipios ponderada no goberno metropolitano, como aparecía en todos os borradores da lei na última década, "porque non é o mesmo Cangas que Pazos de Borbén" en termos de poboación e, polo tanto, "non é razoable" que pesen o mesmo nas decisións do goberno da futura Área.
Por outra parte, explicou Caballero, o goberno de Vigo reclama que as decisións na xunta de goberno metropolitana se tomen por maioría de votos e ademais co apoio mínimo de catro concellos, Vigo e outros tres. O primeiro edil tamén avogou por incorporar de forma escalonada as competencias metropolitanas e segundo se decida desde a propia Área, incluíndo o transporte metropolitano, co financiamento da Xunta, e recordou que "o transporte urbano de Vigo é o transporte urbano de Vigo". O alcalde vigués considera que é momento de reunirse co presidente da Xunta para pechar "definitivamente a función institucional e que o Parlamento de forma rápida aprobe a área metropolitana".
Descargar todas as imaxes