Escoitar

Vigo contará con catro novas turboglorietas en Castrelos, Travesía de Vigo, Castelao e Gregorio Espino

A confluencia das avenidas Castrelos e Alcalde Portanet se transformará en breve na segunda turboglorieta da cidade, seguindo o modelo da instalada en Gran Vía con Illas Baleares. En opinión do alcalde, este modelo é un éxito xa que permite incrementar a velocidade e mellorar a seguridade do tráfico.

xoves, 14 xan 2016
O goberno local instalará unha turboglorieta na Avenida de Castrelos con Avenida Alcalde Portanet, un lugar con tráfico denso dada a proximidade da factoría PSA-Citroën e agora incrementado coa posta en funcionamento do hospital de Beade-Valadares. En rolda de prensa, Caballero xustificou esta iniciativa contrastados o bos resultados do primeiro modelo instalado en Vigo, en Gran Vía con Illas Baleares. "A experiencia é moi boa, logrouse incrementar a velocidade de circulación e mellorouse a seguridade", apuntou o rexedor.

Tal e como avanzou en rolda de prensa, a turboglorieta de Castrelos arrancará nos próximos días e o modelo estenderase a outras tres zonas da cidade: Travesía de Vigo con Jenaro de la Fuente, Avenida Castelao con Martín Echegarai (glorieta del barco Alfageme) e Gregorio Espino.