xoves, 14 xan 2016
A confluencia das avenidas Castrelos e Alcalde Portanet se transformará en breve na segunda turboglorieta da cidade, seguindo o modelo da instalada en Gran Vía con Illas Baleares. En opinión do alcalde, este modelo é un éxito xa que permite incrementar a velocidade e mellorar a seguridade do tráfico.
xoves, 14 xan 2016
O director da Axencia Europea de Control da Pesca, Pascal Savouret, visitou este xoves ao alcalde de Vigo para propor a celebración conxunta do Día de Europa na cidade. Abel Caballero explicou que a entidade comunitaria baralla algunhas ideas para que a xornada viguesa teña "nivel europeo".
xoves, 14 xan 2016
O alcalde recibiu este xoves a representantes do goberno da provincia chinesa de Hunan, como parte dunha iniciativa liderada por Afundación para captar inversores extranxeiros en proxectos estratéxicos galegos, nos sectores agroalimentarios e da automoción. Caballero ve "con agrado" a proposta de irmandarse coa urbe asiática se significa aumentar as opcións de atraer investimentos.
xoves, 14 xan 2016
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiu este xoves á directiva do Club Natación Vigo Rías Baixas polo inmediato inicio da Liga Concello de Vigo de natación escolar.
xoves, 14 xan 2016
A concellería de Educación do Concello de Vigo, a través das súas escolas municipais de música, pon en marcha o programa "Música coa escola", co obxecto, un ano máis, de facer partícipes aos centros de ensino de primaria e secundaria da cidade da promoción e desenvolvemento de actividades artísticas e creativas relacionadas coa música.A data tope para presentar solicitudes será o venres 22 de xaneiro de 2016.
xoves, 14 xan 2016
A Casa Galega da Cultura inaugura a mostra "TECIDO CRU. Deseñar e construír", organizada por ESDEMGA (Estudos Superiores en Deseño Textil e Moda de Galicia) e a Universidade de Vigo, coa colaboración do Concello de Vigo e que se poderá visitar ata o 21 de febreiro.