Escoitar

Vigo valora irmandarse coa cidade chinesa de Hunan para "estreitar relacións" económicas

O alcalde recibiu este xoves a representantes do goberno da provincia chinesa de Hunan, como parte dunha iniciativa liderada por Afundación para captar inversores extranxeiros en proxectos estratéxicos galegos, nos sectores agroalimentarios e da automoción. Caballero ve "con agrado" a proposta de irmandarse coa urbe asiática se significa aumentar as opcións de atraer investimentos.

xoves, 14 xan 2016
1452776402chinos.JPG
O proxecto "ICI .Gal" está orientado á entrada de inversores extranxeiros en proxectos estratéxicos para Galicia, "singularmente para Vigo", en verbas de Caballero, nos sectores agroalimentario e da automoción, que "toca directamente" á cidade de Vigo.

O alcalde explicou que se trata de "fortalecer" as relacións entre ambos territorios e avanzou que a delegación chinesa propuxo irmandar Vigo con Hunan, urbe duns sete millóns de habitantes. "É unha ocasión para estreitar relacións", asegurou Caballero, quen ve "con agrado" a proposta se serve para incrementar as oportunidades de captar investimentos para a cidade, tal e como aconteceu coa experiencia da urbe mexicana de Celaia.
Descargar todas as imaxes