"Acordo total" de 15 concellos co modelo de Área Metropolitana defendido por Vigo
Tras a reunión celebrada este mércores, Abel Caballero destacou a coincidencia dos rexedores e rexedoras de 15 concellos que representan o 86% da poboación da área no modelo do ente supramunicipal, na modificación do proxecto de Lei defendido por Vigo, na urxencia de constituír a Área Metropolitana e na súa ampliación a 21 municipios.
O encontro mantido este mércores entre os alcaldes e alcaldesas de Moaña, Cangas, Tomiño, Mondariz, Ponteareas, Salceda, Tui, Gondomar, Nigrán, O Porriño, A Guarda, Vilaboa, Fornelos e As Neves e Vigo rematou cun "acordo total", segundo Abel Caballero, quen explicou que "compartimos modelo de Área Metropolitana, proxecto de Lei e, por tanto, a modificación que hai que facerlle, e compartimos a importancia de que se faga o antes posible e de ser 21 municipios polo menos".
Os rexedores e rexedoras coinciden, segundo Caballero, no principio de gobernabilidade que "ten que ter relación coa poboación, ten que ter semellanza á proporcionalidade aínda que Vigo sempre cede de forma importante", de maneira que as decisións se tomarán por ponderación poboacional cun mínimo de 4 concellos. Ademais, queren que a ampliación do ente supramunicipal "se faga en prazo inmediato ata os 21 concellos" e comparten que as competencias e o mapa e calendario de transferencias debe facerse "na propia organización da Área Metropolitana co principio de que o que non queira estar nunha competencia queda fóra e non a paga". A primeira decisión que tomaría o ente sería a ampliación de 14 a 21 municipios e, no caso de que antes de que iso ocorra se aborde o transporte metropolitano a proposta é que debe estar financiado "ao cento por cento pola Xunta de Galicia como corresponde porque é a súa competencia e a súa obriga", en palabras do rexedor vigués.
Na xuntanza, os alcaldes e alcaldesas decidiron que Abel Caballero remita á Xunta de Galicia "o borrador de Lei que queremos que leve ao Parlamento, acordado por unanimidade entre os 15 alcaldes presentes na reunión de hoxe" e, en segundo lugar, Vigo solicitaralle á Xunta que convide á reunión que convocou para o día 19 aos 7 concellos que non están nos 14 que contempla a Lei actual. No relativo ao financiamento, os primeiros edís dos 15 municipios participantes propoñen que a Área Metropolitana poida ter ingresos do Estado e da Comunidade Autónoma, unha idea defendida por Caballero dende a presidencia da FEMP.
O alcalde vigués destacou a envergadura da reunión ao congregar a alcaldes e alcaldesas que "gobernamos case medio millón de persoas", o que implica que somos "un área significativa non só en Galicia e en España senón tamén no marco de Europa" e manifestou a súa confianza en que o encontro do día 19 sexa para "entrar a fondo nesta proposta do 86% da poboación da área" que aglutina o consenso de "multitude de grupos políticos, de diferentes signos, que temos un acordo total e non estiveron os que non quixeron estar porque se fixo con todos aqueles que solicitaron unha reunión co alcalde de Vigo; eu non invitei a ninguén", referíndose tamén á "casualidade" de que os que non estean sexan "todos dun mesmo partido político.
Descargar todas as imaxes