Caballero subliña a "reactivación" do aeroporto, que rexistrou en 2015 un 5% máis de pasaxeiros
O alcalde valorou o "crecemento significativo" colleitado por Peinador no 2015, ano no que o aeroporto vigués subiu un 4,9%, cun total de case 715.000 viaxeiros. Abel Caballero explicou que a chegada de Ryanair, gañador do último concurso público municipal, e os novos destinos doutras aeroliñas sitúan a Vigo "na liña que corresponde".
O ano 2015 deixa un balance positivo no aeroporto de Peinador co incremento dun 4,9% no número de pasaxeiros respecto a 2014 cun total de 713.563 viaxeiros que pasaron pola terminal viguesa. Este crecemento enmárcase na tendencia á alza que se vén producindo dende o ano 2014 no que se freou a caída do número de viaxeiros experimentando un lixeiro crecemento do 0,2% respecto ao ano anterior.
Abel Caballero denunciou a existencia de "axudas que van contra a competencia na Eurorrexión", en referencia aos apoios do goberno portugués ao aeroporto de Oporto, e considera ademais que existe "competencia desleal" tamén desde Santiago e A Coruña, con fondos achegados pola Xunta de Galicia.