Escoitar

O alcalde elevará á FEMP o aceso ao transporte urbano das persoas en cadeiras motorizadas

Abel Caballero asegurou esta martes que recibirá a representantes da Plataforma Cidadá de Persoas con Discapacidade para abordar a súa problemática de aceso ao transporte público. O rexedor trasladoulles todo o seu apoio e avanzou "tolerancia cero" cos vehículos aparcados nas paradas de autobús que impidan despregar á rampla para as persoas con mobilidade reducida.

martes, 22 mar 2016
O alcalde de Vigo convocará á Plataforma Cidadá de Persoas con Discapacidade para trasladarlles o seu apoio despois de que este colectivo denunciara trabas para usar o transporte público. Abel Caballero anunciou que trasladará á FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) as necesidades específicas das persoas con mobilidade reducida que se desprazan en cadeiras motorizadas.

Ao mesmo tempo, advertiu que hai un problema de seguridade coas cadeiras motorizadas que requiren de normativa estatal. Insistiu así na necesidade de adaptar a normativa de seguridade ao transporte público. "Temos que facer que todos os autobuses de España teñan normativa de seguridade para que os usuarios en cadeiras motorizadas poidan acceder ao transporte público", dixo.

Tal e como explicou en rolda de prensa, todos os autobuses están obrigados a facilitar o acceso a través da súa rampla ás persoas discapacitadas, ao tempo que anunciou sancións no caso de que non se cumpra esta obriga. Neste punto, anunciou "tolerancia cero" cos coches aparcados nas paradas de autobús que impiden despregar a pertinente rampla.