martes, 22 mar 2016
A Corporación Municipal aprobou este martes a concesión da Medalla da Cidade a Conxemar e a designación de Vigueses Distinguidos a APAMP, Comesaña Sporting Club, Down Vigo, Astilleros Cardama, Menchu Lamas, a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo e Cáritas Diocesana Tui-Vigo. O rexedor felicitou aos condecorados por recibiren "o recoñecemento da cidade polo seu traballo, atención e presenza en Vigo".
martes, 22 mar 2016
Vigo quere que a Lei de Área Metropolitana incorpore algunhas modificacións como o tratamento da cidade como capital de provincia na dotación de servizos públicos, algúns "matices" sobre o transporte metropolitano ou a non necesidade da condición de contigüidade para integrarse no ente supramunicipal, de maneira que o proceso para a constitución da Área siga adiante. <br />
martes, 22 mar 2016
O Concello de Vigo deulle esta mañá o visto bo ao convenio asinado entre Deputación de Pontevedra e o Coruxo Fútbol Club por valor de 100.000 euros. Tal e como explicou o rexedor, desde que Carmela Silva preside o organismo provincial, calquera acordo con entidades ou asociacións de Vigo deben contar co beneplácito do Concello.
martes, 22 mar 2016
A partir do próximo luns, un grupo de persoas invidentes empezarán a adestrarse no Club de Remo Virxe da Guía para formar parte dos equipos de competición deste colectivo. Caballero felicitou con "entusiasmo" aos responsables desta entidade deportiva logo de coñecer esta iniciativa durante un encontro que tivo lugar esta mañá na Alcaldía.
martes, 22 mar 2016
Abel Caballero asegurou esta martes que recibirá a representantes da Plataforma Cidadá de Persoas con Discapacidade para abordar a súa problemática de aceso ao transporte público. O rexedor trasladoulles todo o seu apoio e avanzou "tolerancia cero" cos vehículos aparcados nas paradas de autobús que impidan despregar á rampla para as persoas con mobilidade reducida.