O presidente da FEMP traslada unha "inmensa dor" e un "gran afecto" á cidadanía de Bruxelas
Abel Caballero convocará a través da FEMP un minuto de silencio mañá ás 12,00 horas ás portas de todos os concellos de España. En rolda de prensa, o alcalde trasladou a súa "inmensa dor e gran afecto" ás vítimas dos atentados e a todo o pobo belga.
O alcalde de Vigo e presidente da FEMP manifestou esta mañá "unha inmensa dor" polas vítimas dos atentados de Bruxelas. En rolda de prensa, anunciou que desde a Federación de Municipios, convocará mañá ás 12,00 horas un minuto de silencio ás portas de todos os concellos de España. Rematou trasladando "o noso afecto e proximidade aos familiares", así como un "absoluto" rexeitamento ao terrorismo.