Escoitar

O rexedor coida "excepcional" o proxecto do Club de Remo Virxe da Guía de adestrar a persoas invidentes

A partir do próximo luns, un grupo de persoas invidentes empezarán a adestrarse no Club de Remo Virxe da Guía para formar parte dos equipos de competición deste colectivo. Caballero felicitou con "entusiasmo" aos responsables desta entidade deportiva logo de coñecer esta iniciativa durante un encontro que tivo lugar esta mañá na Alcaldía.

martes, 22 mar 2016
1458655553remo.JPG
O Club de Remo da Guía vai poñer en marcha un proxecto "excepcional", en verbas do alcalde de Vigo, quen esta mañá mantivo un encontro con responsables da entidade deportiva. Tal e como lle trasladaron, a partir do luns un grupo de persoas invidentes empezará a adestrar para facer remo en banco fixo polo que se reorganizarán as instalacións e os barcos para facilitar a mobilidade deste colectivo. En rolda de prensa, Caballero felicitou "con entusiasmo" aos promotores do que considera unha iniciativa única, que conta co apoio da ONCE e que debe ser posta en valor, subliñou.

Durante o encontro, os responsables do club tamén lle avanzaron a organización dun Campionato de España de Remo -4 máis timoneiro-, no campo de remo da ETEA, un lugar que reúne todos os requisitos para este tipo de competición, engadiu Caballero.

Xunta de Goberno
A Xunta de Goberno, en sesión extraordinaria, deu luz verde ao expediente de contratación da xestión do servizo de atención domiciliaria á infancia. O prezo da licitación é de 158.000 euros ao ano e o obxectivo é atender e coidar nenos e nenas menores de 12 anos para as familias que carezan de recursos suficientes ou apoio familiar.
Descargar todas as imaxes