O Concello amplía a operatividade de Vitrasa para atender a demanda de O Marisquiño
Ante a previsión do aumento da demanda do transporte público, o Concello pon en marcha este sábado e o domingo un servizo nocturno especial que conectará Samil e Navia co centro da cidade, amais de ampliarse a frecuencia das liñas N1 e N2 a 10 minutos ao igual que o C1 Circular Centro que prestará o servizo cada 8-10 minutos.
O Concello reforza os servizos do transporte urbano esta fin de semana ante a celebración do festival O Marisquiño ampliando algunhas liñas e dispoñendo un servizo especial nocturno.
Abel Caballero deu conta en rolda de prensa da posta en marcha dun servizo especial para os desprazamentos nocturnos ao ser a tarde-noite o "momento de máis afluencia" tanto o sábado como o domingo con saídas desde Samil a partir das 23:05, cada 15 minutos, ata as 04:15 horas da madrugada; e con saídas dende Navia ás 23:40, aos 45 minutos de cada hora, ata as 04:45 da madrugada.
Ademais, as liñas N1-Samil e N2-Navia, que normalmente teñen unha frecuencia de media hora, prestarán servizo cada 15 minutos con destino e volta ao centro da cidade. A liña C1 CIRCULAR CENTRO, cunha frecuencia diaria de 15 minutos, amplía o servizo e pasará cada 8-10 minutos e aumenta o seu horario desde as 22:00 horas ata as 23:30 horas cunha frecuencia de 15 minutos nesta franxa. O domingo, desde as 18:00 da tarde, funcionará un autobús cada 10 minutos.
O rexedor apuntou que no caso de que fose preciso polo aumento da demanda, dispoñeranse "condutores e autobuses adicionais" que poderían poñerse en funcionamento de forma "inmediata", xa que, en base á experiencia de anos anteriores, o nivel de uso dos autobuses urbanos increméntase un 40% durante a celebración do festival.