mércores, 10 agosto 2016

Caballero subliña a "normalidade" no reinicio do mercadiño de A Bouza

Hoxe mércores volveu a operar o mercadiño de A Bouza, en Coia, con total normalidade, segundo informou o alcalde de Vigo. Efectivos da Policía Local e Nacional supervisaron desde primeira hora o axeitado funcionamento do mesmo e seguirán ese labor para a reapertura do de Bouzas o próximo domingo.

O Concello amplía a operatividade de Vitrasa para atender a demanda de O Marisquiño

mércores, 10 ago 2016

Ante a previsión do aumento da demanda do transporte público, o Concello pon en marcha este sábado e o domingo un servizo nocturno especial que conectará Samil e Navia co centro da cidade, amais de ampliarse a frecuencia das liñas N1 e N2 a 10 minutos ao igual que o C1 Circular Centro que prestará o servizo cada 8-10 minutos.

O rexedor ofrece os servizos dos bombeiros vigueses á Xunta para a extinción dos lumes

mércores, 10 ago 2016

Abel Caballero amosou a súa solidariedade cos alcaldes dos municipios afectados polos incendios poñendo á súa disposición os efectivos municipais para colaborar na extinción dos lumes, como aconteceu este martes ao seren solicitados os servizos do Parque Municipal a través do 112 e do 085, polo que se enviaron 10 efectivos e 3 vehículos a Mondariz e 12 efectivos e 3 vehículos a Soutomaior.