O Concello solicita á Xunta 800.000 euros para axudas á rehabilitación de vivendas
É o mesmo importe que achega o Concello no convenio do Plan Estatal de Vivenda, segundo explicou hoxe martes Abel Caballero, quen reclamou á Xunta que inclúa unha partida ao efecto nas súas contas de 2017.<br />
O alcalde de Vigo anunciou este martes o envío dun escrito á conselleira de Vivenda da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, reclamándolle que inclúa nos orzamentos autonómicos do próximo ano unha partida para Vigo de 800.000 euros para rehabilitación, urbanización e financiamento de vivendas.
Esta cantidade é a mesma que achega o Concello no convenio en vigor do Plan Estatal 2013-2016, no que o Goberno de España e o Concello de Vigo sufragan subvencións á rehabilitación de vivendas nas catro Áreas de Rehabilitación Integral da cidade: Casco Vello, Bouzas, Santa Clara e Bueu-Moaña.
Caballero recordou que, pese a participar neste convenio, a Xunta de Galicia non aporta fondos á rehabilitación, mentres que o Concello de Vigo adica case 800.000 euros e "parece razoable" que o goberno autonómico achegue a mesma cifra.
No nomeado escrito, o goberno de Vigo solicita igualmente que se amplíe polo menos un ano o prazo previsto de execución e xustificación das obras subvencionadas en base ao Plan Estatal. Apuntou Caballero que o prazo desde a convocatoria das axudas -a finais de 2015- ata a xustificación final -ao peche deste ano- é "extremadamente curto" e unha ampliación deste podería aumentar o número de beneficiarios.
O rexedor vigués recordou que, nas convocatorias abertas polo Concello, se presentaron case 200 solicitudes de axudas para rehabilitar vivendas nas catro zonas.