Air Nostrum trasládalle ao rexedor o "bo" funcionamento dos seus destinos en Vigo
O alcalde mantivo un encontro este luns co director comercial de Air Nostrum, Juan Corral, quen lle trasladou o interese da compañía por continuar a súa relación con Vigo á vista dos bos resultados da operatividade dos destinos tradicionais e dos novos. Co "aeroporto en pleno lanzamento" di Caballero que a situación é "a crónica dun éxito anunciado".
Abel Caballero mantivo un encontro este luns con Juan Corral, director comercial de Air Nostrum, a compañía que arestora está operando dende Vigo conexións con Bilbao, Gran Canaria, Sevilla, Málaga Alacante, Menorca, Londres, París e Roma con avións CRJ 900 de 90 asentos.
Segundo informou o rexedor, Juan Corral valorou a operatividade na terminal viguesa como "francamente boa", tanto no referente aos destinos tradicionais coma ao novos. É o caso de Málaga ou Alacante, que ao levaren poucas semanas en funcionamento non permiten facer un xuízo máis amplo e que, "no peor dos casos, teñen unha operatividade moi razoable", ao igual que Londres que "está indo moi ben e gústalles como funciona".
Caballero confirmou que Air Nostrum "a compañía con máis destinos desde Vigo" ten interese en continuar a relación con Vigo aínda que "debe ser previo concurso público" xa que "é o único municipio que saca os seus voos a concurso público". Tamén sinalou que ao final da temporada de verán, o goberno local fará unha valoración do funcionamento dos destinos coa vista posta nun posible novo contrato de cara ao ano 2017.
O rexedor repasou a totalidade dos destinos dispoñibles nestes momentos desde Vigo co "aeroporto en pleno lanzamento": Valencia, Ibiza, Palma de Mallorca, Madrid, Barcelona, Bilbao, Gran Canaria, Sevilla, Londres, Málaga, París, Roma, Alicante, Menorca, Tenerife, Dublín, Bolonia, Lisboa e o vindeiro ano Milán e Edimburgo e referiuse a esta situación como "a crónica dun éxito anunciado".
Descargar todas as imaxes