Os mercadiños de Vigo volven á "normalidade" esta semana
O alcalde confirmou que, tras a aprobación en Xunta de Goberno das adxudicacións definitivas, este mércores iníciase a actividade no mercadiño de Coia con 75 postos de venda autorizados e o domingo 14 de agosto retómase en Bouzas con 80 comerciantes acreditados. Amais, o Concello destina 25.000 euros para as subvencións do Bono-Taxi que beneficiará a 85 persoas con mobilidade reducida. <br />
rexedor vigués informou da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local da adxudicación definitiva das autorizacións dos postos de venda ambulante dos mercadiños de Bouzas e Coia, polo que "está todo preparado" e iníciase a senda da normalidade"
Este mércores 10 de agosto retómase a actividade en Coia, onde se ofertaban 120 postos dos que se cubriron 75 cos demandantes que cumprían os requisitos de entre os 220 presentados. O domingo día 14 reabre o mercadiño de Bouzas con 80 vendedores autorizados dos 281 solicitantes para os 241 postos dispoñibles.
Abel Caballero declarou que o Concello expedirá a tarxeta acreditativa da autorización para serlle entregada aos comerciantes autorizados, mencionando que "a legalidade non se discute senón que se aplica e quen non a quere cumprir está na ilegalidade" e engadiu que o goberno municipal comunicará ao Rexistro Galego de Comercio os datos dos vendedores.
As autorizacións de venda terán vixencia ata finais do ano 2021 e haberán ser renovadas anualmente. Os comerciantes que non teñan recibido a autorización nestes momentos por non ter reunidas as condicións, inclúense nunha lista de agarda que poderá dar lugar a novas autorizacións cando acrediten o cumprimento das condicións legais aprobadas pola Xunta de Goberno do Concello.
Subvencións Bono-Taxi 2016
A Xunta de Goberno Local tamén deu luz verde á concesión de subvencións para o Bono-Taxi 2016, un medio de transporte alternativo adaptado para as persoas que sofren discapacidades graves que afectan á súa mobilidade. O Concello destina 25.000 euros para apoiar a 85 beneficiarios que reciben, segundo criterios de renda, 300 ou 200 euros anuais. O alcalde afirmou que, coa actualización dos autobuses urbanos posta en marcha polo goberno vigués para poder transportar as cadeiras mecanizadas e os bono-taxis, o Concello presta "un servizo axeitado ás persoas con mobilidade reducida"