xoves, 11 ago 2016
A rexedor deu conta do estado das dúas présas de Vigo, o de Zamáns e o de Eiras, que se atopan ao 90% da súa capacidade e tamén informou da intervención dos bombeiros na extinción do incendio de Soutomaior tras a solicitude feita dende a Xefatura dos Bombeiros de Pontevedra.
xoves, 11 ago 2016
A nai de Vigo, que ten catro meses, é unha viguesa que vive en Hamburgo, onde naceu o pequeno, e que decidiu homenaxear á súa cidade poñéndolle o mesmo nome ao seu fillo, para quen tamén barallaba a posibilidade de poñerlle Cíes, no caso de que fose nena. Abel Caballero amosouse "satisfeito" por poder recibilos e apuntou que hai outro neno chamado Vigo, nacido no concello no ano 2005.
xoves, 11 ago 2016
O alcalde da cidade, Abel Caballero, celebrou as Vodas de Platino, os 75 anos de historia do Campionato de Vigo (1941-2016), que do 17 ao 28 deste mes disputarase para todas as categorías e idades nas pistas do complexo deportivo municipal de Samil. O evento está aberto para todas as raquetas de Vigo e comarca.<br />
<br />
xoves, 11 ago 2016
Abel Caballero e Carmela Silva, como máximos responsables do Concello e a Deputación, respectivamente participaron este xoves na presentación deste libro, con palabras de Félix Bello e a pintura de Rosa Elvira Caamaño. A publicación recolle 42 acuarelas e bosquexos de paisaxes galegas complementados con impresións escritas que logran transmitir sensacións.